• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

NON

14 de decembro de 16.00 a 20.00 horas, 15 de decembro de 10.00 a 14.00 horas

Os obxectivos do curso son:

  • Coñecer as principais características técnicas da plataforma elevadora, e ascondicións de seguridade que debe reunir o lugar de traballo para que, mediante unha actitude proactiva, o traballador este capacitado para detectar deficiencias de seguridade ou condicións inseguras.
  • Coñecer os riscos aos que se pode estar exposto durante a utilización dunha plataforma elevadora.
  • Coñecer as medidas de prevención e as proteccións mínimas requiridas para o control dos riscos.
  • Coñecemento dos equipos de protección individual, a súa colocación e posterior uso.

DATOS DO CURSO

  • Datas: 14 e 15 de decembro
  • Horario: 14 de decembro de 16.00 a 20.00 horas, 15 de decembro de 10.00 a 14.00 horas
  • Nº Horas: 8 horas
  • Modalidade: presencial
  • Lugar de impartición: Asociación Área Empresarial do Tambre
Documentación requerida
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
  • Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Dirixido

Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.

Requisitos

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.