Curso "Actualización laboral"
12 e 13 de decembro, de 19.30 a 22.00 horas
Os obxectivos do curso son:
- Que os participantes coñezan cales son os cambios e novidades que acarrea a lei relacionada coa estabilidade dos orzamentos e o fomento da competitividade.
- Analizar as modificacións levadas a cabo nas materias apuntadas, de aplicación inmediata e inescusable, dadas as importantes repercusións que o seu descoñecemento ou desatención conlevarían para as empresas e profesionais.
DATOS DO CURSO
- Datas: 12 e 13 de decembro
- Horario: De 19.30 a 22.00 horas
- Nº Horas: 5 horas
- Modalidade: presencial
- Lugar impartición: Asociación Área Empresarial do Tambre
Documentación requerida
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Dirixido
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.
Requisitos
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.