• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

XORNADA FORMATIVA "O TEU MARCO PERSOAL"

No marco do programa Santiago Investors Support organízase esta Xornada Formativa de 8 horas de duración centrada na importancia de xestionar a túa vida con talento.

Celebrarase o día 13 de marzo no CERSIA Empresa, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h. 

200 prazas

O prazo de inscrición remata o 11 de marzo ás 14:00h 

Programa, 8 horas 8 epígrafes:

  1. Coñecete a ti mesmo/a
  2. Define a túa marca
  3. As relacións correctas
  4. Talento, misión e coraxe
  5. Aprende a ser diferente
  6. Reputación, imaxe e posicionamento
  7. Liderado e poder
  8. Arquitectura e estratexia persoal 
Documentación requerida

Ao inicio da xornada formativa requirirase a seguinte documentación: . Para persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos . Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade .Para estudantes: acreditar estar matriculado/a no curso 2012/2013 ou ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011 . Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela

Requisitos

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritas persoas desempregadas e existe disponibilidade de prazas tamén por orde de inscrición.