XORNADA FORMATIVA "COMO TRABALLAR EN EQUIPO E TRIUNFAR"
No marco do programa Santiago Investors Support organízase esta Xornada Formativa de 8 horas de duración centrada na importancia do traballo en equipo no mundo empresarial.
Celebrarase o día 20 de marzo no CERSIA Empresa, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
200 prazas
O prazo de inscrición remata o 18 de marzo ás 14:00h
Programa, 8 horas 8 epígrafes:
- Soar coma unha orquesta
- Dominar as esceas laborais
- Un instrumento do equipo
- Cada un no seu posto
- Liderar e dirixir equipos
- Guións e partituras para equipos
- Ensaios para presentacións en equipo
- Construíndo un "Equipo de ensoño"
Ao inicio da xornada formativa requirirase a seguinte documentación: . Para persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos . Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade .Para estudantes: acreditar estar matriculado/a no curso 2012/2013 ou ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011 . Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
Persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial e estudantado universitario ou de formación profesional de Santiago de Compostela
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritas persoas desempregadas e existe disponibilidade de prazas tamén por orde de inscrición.