PREMIOS AO COMERCIO COMPOSTELÁN 2013
Un ano máis, búscase premiar ao comercio de Compostela pola súa participación no sostemento económico da nosa cidade e o seu papel protagonista no eido do social e cultural. Compromiso, amabilidade, asesoramento, proximidade, innovación… son algunhas das moitas razóns que fan que poidamos afirmar que TEMOS UN COMERCIO DE CINE.
Aspectos a valorar:
- Compromiso e participación nas actividades sociais e veciñais
- Trato personalizado e “familiar” cos clientes
Aspectos a valorar:
- Excelencia na atención ao público
- Satisfacción do cliente
- Servizo posvenda
Aspectos a valorar polo xurado:
- Emprego de plataformas de comercio online
- Xestión administrativa do comercio mediante o uso da sinatura electrónica, factura electrónica…
- Utilización das redes sociais como canle de comercialización e comunicación co seu público
- Deseño interior e exterior do establecemento
- Innovación dos produtos ou servizos ofertados
Aspectos a valorar polo xurado:
- Idade do promotor/a
- Tipo de negocio posto en funcionamento
- Capacidade de xeración de emprego
- Diferenciación e iniciativas de éxito
Aspectos a valorar polo xurado:
- Antigüidade e traxectoria
- Explotación familiar do negocio sen producirse traspasos
Aspectos a valorar polo xurado:
- Actuacións de apoio ao comercio levadas a cabo
- Nº de comercios agrupados
- Orixinalidade das iniciativas
Poderán presentarse aos “Premios ao Comercio Compostelán 2013” calquera dos establecementos comerciais polo miúdo de Compostela.
As candidaturas poderán ser presentadas polos propios comercios, polas asociacións de comerciantes ou polo Concello. Para presentar candidatura é preciso cubrir o boletín de inscrición correspondente, dispoñible na páxina web www.santiagocomerciodecine.com. Todas as inscricións realizadas deste xeito confirmaranse por correo electrónico cun acuse de recibo. No caso de non recibir confirmación no prazo de 24 horas, contactar directamente coa organización no teléfono de información: 881168283 O boletín de inscrición tamén poderá entregarse, debidamente cuberto, en calquera dos rexistros municipais. Nas categorías “Comercio de Barrio” e “Comercio Agarimo” o voto farase efectivo na mesma páxina web www.santiagocomerciodecine.com admitíndose un só voto por cada correo electrónico. Unha vez cuberto o formulario de votación poderá visualizar na pantalla unha mensaxe confirmando que o voto se emitiu correctamente.