WEBMARKETING: EMPRENDER NA REDE
O Club EMPRENDE MAS organiza coa colaboración do Concello de Santiago este curso para coñecer as posibilidades que internet ofrece para emprender
Internet é un mundo potencialmente infinito, un espazo sen límites que creou novas regras no mercado e na vida de todos. A potencia e a influencia que este medio ten pódese medir simplemente notando como en menos de dez anos a metade das horas da vida da maioria da xente no mundo occidental convertéronse en horas “conectadas”. Traballo, estudos, documentos, información, aficiones, ocio, política, interacción social...todo móvese a través de ordenadores e outros aparellos conectados á rede.
O problema é que moitas persoas pasan todas estas horas en intenet sen “conciencia”, e aínda hai moitos usuarios máis espabilados que saben cómo funcionan as cousas en intenet e o beneficio económico que o noso tempo online da a moitas empresas, pérdense completamente na enorme cantidade de información.
Internet é un lugar onde talento, capacidade, intelixencia e unha boa actitude dan resultados a longo prazo e onde todos poden beneficiarse.
Non estamos falando do mito de “facerse rico” grazas a internet, ou gañar cartos sen traballar. Beneficio pode ser simplemente dar a coñecer a persoas interesadas o que estamos facendo, aínda que estas persoas vivan ó outro lado do mundo, falen outro idioma, teñan outra relixión e outra cultura. Ou pode, co tempo, empezar a promover a nosa figura profesional, o noso talento, e sacar proveito, chegando a ter un diñeiro extra facendo o que nos gusta e que co tempo, a constancia e o traballo pódese transformar nunha verdadeira empresa, ou nunha idea exitosa e revolucionaria que involucrará a millóns de persoas.
Todo esto, claro, cos coñecementos e as técnicas adecuadas e, sobre todo, CON CREATIVIDADE.
Bloques de contido
Bloque 1.
Introducción ó curso.
As diversas formas de marketing en internet.
Marketing Viral e Marketing de Guerrilla.
Conversacións: a clave do marketing no 2.0.
S.E.O.
Bloque 2
A publicidade en internet, datos, números e “facts”. Os efectos da publicidade en internet na economía.
A importancia de posicionarse nos motores de búsqueda para calquer negocio, empresa ou proxecto.
Posicionarse NON é anunciarse.
Bloque 3
S.E.O. para todos, non é preciso coñecer linguaxes de programación, html e ser experto informático para optimizar as nosas páxinas para os motores de busqueda.
Regras, exemplos prácticos e exercitacións (algoritmos de Google, Ferramentas para o Seo...etc...)
Bloque 4
O potencial dun blog.
Afiliacións.
Squeeze Pages: conseguir unha base de datos sen molestar ós usuarios.
Bloque 5
Ser empresario dun mesmo: traballar como freelance en internet.
As mellores plataformas.
Traballos FREELANCE en internet: o extraño caso no cal a creatividade e o talento son realmente o máis importante.
Bloque 6
Invertir en coñecementos: A importancia das pasións e das aficións, informarse constantemente e ampliar a nosa cultura e coñecemento.
Bloque 7
Vender en internet: produtos e “infoprodutos”.
O mellor vendedor é o que non está vendendo.
Bloque 8
Mitos e lendas do marketing en internet, é dicir, o que non hai que facer.
*A orde dos contidos É INDICATIVA e pode variar, sendo o argumento moi dinámico, variado e constantemente actualizado cada día.
Grupos, datas e horarios:
Turno de mañan
Luns 22, martes 23, mércores 24 e xoves 25 de abril de 2013 de 10 a 14 horas.
*Total de horas lectivas: 16
Turno de tarde
Luns 22, martes 23, mércores 24 e venres 26 de abril de 2013 de 16 a 20 horas.
*Total de horas lectivas: 16
Persoas emprendedoras, persoas con iniciativa, estudantado e público en xeral.
Inscribirse do 1 ó 19 de abril de 2013 no formulario web, ou través da páxina web de CLUB EMPRENDE MAS e aboar a cuota indicada.