• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

"Non é unha crise, é un cambio estructural"

O edificio municipal Cersia acollerá o vindeiro xoves ás 12:00horas a conferencia “Non é unha crise, é un cambio estructural”, que se enmarca no programa da Área de Economía do Concello Santiago Investors Support. As temáticas concretas que se analizarán son: Chaves para entender os cambios que vivimos e aproveitalo ao noso favor; como pode sobrevivir unha peme á situación actual; cales son os segredos para triunfar no século XXI.

A conferencia será impartida por Fernando Sánchez Salinero, consultor especializado no deseño e desenvolvemento de proxectos así na súa comunicación e na súa mellora comercial. Toda a súa vida profesional desenvolveuse no mundo da empresa. Formou e dirixiu numerosos equipos comerciais, destinando os últimos anos de carreira á formación e desenvolvemento de directivos, empresarios e equipos de vendas.

É autor dos libros: “La Casa al revés”, ¿Por qué fracasan las empresas?”, onde podemos atopar un manual que permite convertir pequenos negocios e de ideas modestas, grandes e apaixoantes proxectos, de xeito ameno e sinxelo. “No es una crisis, es un cambio estructural”, no que analiza a situación actual e chega á conclusión que lonxe de ser so unha crise, estamos ante un cambio na forma de organizar a economía, os negocios e a propia sociedade, dando pistas para que ese novo entorno poda resultar aos lectores o máis favorable posible”.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

A conferencia será aberta a todas as persoas interesadas en acudir, aínda que se dirixe especialmente a Pemes e a persoas emprendedoras que estén pensando en desenvolver un proxecto empresarial.

Requisitos

Inscrición no correspondente formulario web