• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

XORNADA FORMATIVA "SÓ PODES QUEDAR TI. LÍDERES EN LOITA"

No marco do programa Santiago Investors Support organízase esta Xornada Formativa de 8 horas de duración centrada no coñecemento das técnicas de selección de persoal.

Celebrarase o día 22 de abril  no CERSIA Empresa, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h. 

200 prazas

O prazo de inscrición remata o 20 de abril ás 14:00h 

Programa:

  1. O decálogo de Gerardo. Unha base persoal.
  2. O kit do/a inmortal. Unha mochila extraordinaria
  3. Dez pautas para unha persoa demandante de emprego
  4. Dez ensinos no camiño cara a empresa
  5. As dez leis da mercadotecnica persoal
  6. As dez preguntas esenciais de toda entrevista.
  7. Os dez principios de actitude do/a candidato/a
  8. Dez Regras de orientación. O compás selectivo
  9. As dez variables prezo do candidato/a
  10. As dez regras de ouro da comunicación selectiva
  11. As dez caras do talento
  12.  As dez dimensións dun/ha líder inmortal
Documentación requerida

Para a expedición de diploma de asistencia ao inicio da xornada formativa requirirase a seguinte documentación: . Para persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos . Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade .Para estudantes: acreditar estar matriculado/a no curso 2012/2013 ou ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011 . Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, estudantado universitario ou de formación profesional e persoas desempregadas de Santiago de Compostela

Requisitos

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritas persoas non pertencentes a estes colectivos e existe disponibilidade de prazas tamén por orde de inscrición.