• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

FORO SANTIAGO INVESTORS SUPPORT 2013

O Foro Santiago Investors Support, ten por obxecto convertirse nunha xornada de referencia para emprendedores e empresarios da cidade. Neste primeiro ano o Foro xirará en torno ao emprendemento e será tamén o marco no que se entregarán os Premios Emprende Santiago, que naceron esta ano da man de AJE A Coruña co patrocinio do Concello. 

A través desta actividade o Concello de Santiago quere achegar ás persoas emprendedoras, empresariado e público en xeral de Santiago de Compostela unha imaxe atractiva, cercana e profesional dos procesos de creación e xestión empresarial.

O Foro busca conquerir tres obxectivos diferenciados:

1.       Achegar ao público existente coñecemento útil e de sinxela aplicación práctica sobre cuestións competenciais horizontais básicas para a creación e xestión dunha empresa. As temáticas tratadas nese foro serán:

  • A xestión do tempo
  • A motivación no traballo
  • A capacidade de venda
  • A análise financeira responsable

2.       Motivar para o emprendemento, achegando exemplos de boas prácticas empresariais e desdramatizando a complexidade do proceso de creación dunha empresa. 

3.       Posta en valor da figura do empresario. No foro realizarase a entrega dos Premios Emprende Santaigo organizados pola asociación AJE A Coruña e dos que o Concello de Santiago é patrocinador principal institucional.  

Programa

09:30h   APERTURA FORO SIS

10:00h    Mario López Guerrero "Co tempo nos talóns . Os 20 hábitos para ter máis tempo     

10:50h     José Antonio Velo "Marketing Digital para facer medrar o teu negocio "

11:40h     Pausa café

12:10h     Andrés Tarasco (Caso de ÉXITO) "Hacking Ético. Vender é preciso para triunfar"

13:00h      Eloy Gesto "Prepara a túa empresa para vender"

13:50h      DESCANSO para COMER

16:00h      Marisol Vázquez "Fai da dúa profesión a túa paixón "

16:50h      Andrés Villamarín "Integra a perspectiva financeira no teu negocio con ética e con responsabilidade"   

17:30h      Pausa café

18:00h     Entrega dos Premios AJE  Emprende Santiago

19:00h      Roberto Pérez Marijuan y Juan José Romero Crusat "5 Claves para a supervivencia"

20:00H      Reflexións finais e peche  a cargo da presentadora do Foro Montse Sánchez Agustino

INSCRICIÓNS:

No apartado formularios da marxe esquerda desta mesma web ou aquí

BREVE PRESENTACIÓN DOS POÑENTES

D. Mario López Guerrero: Soñador e apaixoado. O seu obxetivo é axudar a que todas as persoas saquen todo o potencial que levan no seu interior. Ceo de Atendo Formación e Investigación S.L. e Velloso Gestión Creativa. É Presidente do Colexio de Politólogos e Sociólogos de Galicia, membro da Asociación Española de Ciencia Política (AECPA) e do Centro de Estudios do Pensamiento Antigo de Francia. Doctorando en Ciencias Políticas e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela. Experto en análise do discurso e construcción de identidades políticas. Diploma de estudios avanzados en procesos políticos contemporáneos e licenciado en ciencias políticas e da Administración Pública.

D. Eloy Gesto Beiroa: É Trainer Comercial, experto en vendas, ye desenvolve as súas labores de formación na área comercial. Tamén desenvolve labores de Consultoría comercial a empresas e colectivos. Despoís de 14 anos traballando no sector comercial en empresas multinacionais e pemes, levando a cabo diferentes postos de responsabilidade  fundou no ano 2011, Escuela Inventa.

Na actualidade imparte seminario e obradoiros de comunicación comercial, además de participar como poñente en diversos foros e eventos profesionales. Destaca a súa labor como promotor do evento Open Your Mind SCQ Atrévete.

Da súa  formación destaca o seu paso por unha das Escolas de Comunicación e Relacións Humanas máis importantes do mundo, o Instituto Dale Carnegie Training.

Dña. Marisol Vázquez: Emprendedora de nacemento cree fielmente na capacidade do ser humano para conquerir todo aquilo que se propoña. Posúe  unha ampla traxectoria profesional de máis de 10 anos xestionando equipas comerciais en postos de alta responsabilidade que avalan a súa capacidade de comunicación e  análise  para o desenvolvemento profesional e persoal das organización.

Actualmente, ademáis de colaborar con importantes empresas de Formación e desenvolvemento do capital humano; lidera, xunto con dúas socias,o seu propio proxecto empresarial: Grupo Affines cuxo obxetivo é axudar ás personas a descubrir e empregar o seu potencial para conquerir aquilo de desexan

Destacamos tamén de ela a súa labor como promotora do evento Open Your Mind SCQ Atrévete.

D. José Antonio Velo: Licenciado en "Comunicación audiovisual" pola Universidade Pontificia de Salamanca. Traballou en MARCA como postproductor, editor, e ás  veces cámara e desñador de todos os contido producidos por MARCA para VEO TV. Como freelance de "coordinador de postproducción" nos que  conquista varios PROMAX BDA, EUROPEOS, LATINOS, e MUNDIALES, nos los que fixo acopio de estatuillas de todas as aleacións.

Actualmente lidera  ASTRÁGALO STUDIO S.L. , un proxecto que recibe o "Premio Eduardo Barreiros á mellor iniciativa empresarial 2009" da cidade de Ourense.

D. Andrés Tarasco: Máis de 10 anos de experiencia como analista de seguridade informática, traballando no Tiger Team del Grupo SIA, no Advance Security Center (ASC) de Ernst & Young Madrid e en Tarlogic Security.

Ao longo dests anos ten colaborado cun grande número  de multinacionais e de empresas españolas que cotizan en el IBEX 35, axudando a protexer  as súas infraestructuras fronte a accesos non autorizados e axudando a evitar fugas de información corporativa.

Na actualidade lidera o departamento de consultoría de Tarlogic Security, que ofrece servizos especializados no ámbito de la seguridad IT.

 Andrés Villamarín é experto en deseño e implantación de servizos asistenciais para empresarios e traballadores de emprendedores, empresas en crises; de re-emprendemento de empresarios afectados por un fracaso empresarial; e de apoio a traballadores na creación de empresas de economía social.

D. Roberto Pérez Marijuan: impulsor do proxecto Suma Importancia, conferenciante profesional. Consultor web desde 1999 Roberto Pérez Marijuán ten participado na defición e estratexia de máis de 300 proxectos en internet para empresas de todos os tamaños e sectores.

D. Juan José Romero Crusat: impulsor do proxecto Suma Importancia, conferenciante profesional. Con formación en Administración e Dirección de Empresas e máster en Dirección de Equipos Comerciales por ESIC, Juan José Romero é un apaixoado do mundo empresarial que traballou durante 15 anos nos departamentos de Marketing-Ventas de importantes multinacionais do sector farmacéutico.

BREVE PRESENTACIÓN DA CONDUCTORA E MODERADORA DO ACTO

Montse Sánchez Agustino, Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, Orientou dende o seu comezo a súa carreira profesional ao mundo empresaril no sector farmacéutico en diversos postos de responsabilidade en organización multinacionais: : Laboratorios Grifols, Laboratorios Pharmacia, Laboratorios Pfizer.

Esta bagaxe profesional, acompañada dunha coidade formación académica  –ten cursado dous másters de dirección de empresas: Master in Business Administration Executive por ICAIICADE,Universidad Pontificia de Comillas, e Master de administración de empresas pola Universidad de Santiago de Compostela, así como master en Dirección y Desarrollo de personas por ESADE-  tenlle permitido adquirir diversas habilidades de xestión nas máis complexaws áreas empresariais.

Poñente para diversas organizacións e  autora para Medical Information Systems ( MEYSIS) dentro do sector farmacéutico. É membro da rede de mentoring de IGAPE ( Xunta de Galicia) e da rede de mentoring da Fundación Barrié de la Maza ( Banco Pastor-Banco Popular) .

Emprendedora/ Empresaria. Desde su empresa SANCHEZ-AGUSTINO Consultores ofrece:

- Servizos e Solucións personalizadas de Outsourcing con servizos de primera clase en relación con Estratexia, Vendas e  Dirección Comercial.

- Servizos de Interim Management.

- Procesos de mentoring a Directivos / Directivas.

- Ponencias, Seminarios, Formación: Dirección Comercial, Vendas, Dirección Estratéxica e Liderado e Habilidades Directivas.

Socia fundadora e Ex Presidenta de la Asociación Executivas de Galicia.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas traballadoras, emprendedoras, empresariado e público en xeral

Requisitos

Inscrición previa realizada a través do formulario desta mesma web:

Inscricións Foro SIS 2013