SEMINARIO APOSTA POR TI: REDES SOCIAIS E NETWORKING PARA PROFESIONAIS LIBERAIS
No marco do programa Santiago Investors Support organízase este seminario de 40 horas de duración que ten como obxectivo formar a freelances e profesionais liberais independentes na contrucción e xestión TIC da súa marca persoal.
Os temas que se tratarán son:
- Autoemprego 2.0
- Construir a marca persoal
- As redes sociais xeneralistas e sectoriais
- Buscar empregos e proxectos en internet
- A web
- Blog do profesional
- Networking empresarial.
A actividade realizarase nas instalacións do edificio municipal no CERSIA Empresa (Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro) os días 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 e 15 de novembro en horario de 16:00h a 20:00h.
Ofrécense 16 prazas
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela.
Inscrición no formulario web nesta mesma páxina. O prazo de inscrición remata o día 28 de outubro de 2013 ás 14:ooh
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a.
A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.