• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CURSO DE CONDUCTOR/A DE CARRETAS ELEVADORAS


Este curso está dirixido a todas aquelas persoas que precisen manexa unha carreta elevadora para o desempeño do posto de traballo.

Os obxectivos do curso son:

  • Capacitar ó conductor/a de carretas elevadoras no coñecemento das normas de seguridade
  • Conducir carretas elevadoras con precisión e seguridade; así como realizar operacións de mantemento e realizar reparacións na carretilla
  • Realizar o manexo e condución de carretas de acordo a normas de seguridade e prevención de riscos laborais

DATOS DO CURSO

  • Datas: 13 e 14 de decembro
  • Horario: 13 de decembro de 16.00 a 21.00 horas, 14 de decembro de 09.00 a 14.00 horas
  • Nº Horas: 20 horas
  • Modalidade: semi presencial, 10 horas presencias e 10 horas a distancia.
  • Lugar de impartición: Sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre na Vía Edison, 1 no Polígono Industrial do Tambre - Santiago de Compostela

PROGRAMA

MÓDULO I: A CARRETA ELEVADORA

  1. Nocións de equilibrio
  2. Mecanismos de arranque do motor
  3. Tipos de carretas
  4. Os movementos hidráulicos

MÓDULO II: MANEXO DA CARRETA ELEVADORA

  1. O inicio da marcha. Consignas para condución e circulación
  2. A carga. Diferentes tipos de palets
  3. A almacenaxe. Deixar e tomar cargas do chan, apilado de cargas e garga a camións, vagóns, etc.
  4. O mantemento da carreta elevadora.

MÓDULO III: PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

  1. Normas de seguridade no manexo da carreta elevadora
  2. protectores e dispositivos de seguridade da carreta elevadora

MÓDULO IV: PRÁCTICAS

  1. Prácticas básicas de condución
  2. Paletización e despaletización
  3. Mantemento preventivo da carreta
  4. Reparacións básicas do vehículo.
Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
  • Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
  Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre
Requisitos

Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 4 de decembro de 2013  ás 14:00h

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.