• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CURSO DE FINANZAS PARA NON FINANCEIROS: NEGOCIACIÓN BANCARIA

Ao final do curso o alumnado aprederá a:

  • Entender a realidade do proceso de negociación bancaria
  • Coñecer cales son as nosas posibilidades de negociación e cáles son os intereses reais do banco e a súa relación comercial coa empresa
  • Aprender a técnica precisa sobre os principais produtos financeiros que ofrecen as entidades bancarias.
  • Saber que fonte de financiamento é a máis axeitada para as necesidades da empresa en cada situación.

DATOS DO CURSO

  • Datas: 9, 10, 11, 12  e 13 de decembro
  • Horario:  de 19.00 a 22.00 horas
  • Nº Horas: 15 horas
  • Modalidade: presencial
  • Lugar de impartición: Sede da empresa QUELQUM S.L.
     na Rúa Secundino López nº2 Baixo en Santiago de Compostela.

PROGRAMA

MÓDULO I: A BANCA

  1. Introdución
  2. A actividade bancaria

MÓDULO II: ENTIDADES DE CRÉDITO: CONCEPTO E TIPOS

  1. O sistema financeiro
  2. As entidades de crédito como institucións financeiras
  3. Clasificación das entidades de crédito

MÓDULO III: FUNCIÓNS DAS ENTIDADES DE CRÉDITO

  1. O negocio bancario
  2. Operacións bancarias

MÓDULO IV: ESTRATEXIA FINANCEIRAS E BANCARIAS

  1. Introdución
  2. O balance banco empresa
  3. A conta de resultados banco empresa

MÓDULO V: XESTIÓN DE ACTIVOS E PASIVOS

  1. O financiamento de actividade empresarial
  2. O investimento e a súa planificación e avaliación
  3. O TAE
  4. Produtos de activo
  5. Servizos financeiros no sistema bancario
  6. Produtos de pasivo
  7. Servizos relacionados co financiamento
Documentación requerida

 

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
  • Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

 

Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre

Requisitos

 

Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 29 de novembro de 2013  ás 14:00h

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.