CURSO DE XESTIÓN DE EQUIPOS
Este curso está dirixido a mandros intermedios do mundo empresarial que queiran mellorar as súas habilidades en materia de xestién de equipos de traballo.
Os obxectivos do curso son:
- Establecer os conceptos e aspectos fundamentais sobre a xestión de equipos
- Coñecer os aspectos relacionados coa reinxeñería do comportamento e as barreiras psicolóxicas na comunicación
- Identificar as necesidades e motivación do liderado de equipos.
DATOS DO CURSO
- Datas: 25, 26, 27 e 28 de novembro
- Horario: de 16.00 a 19:45 horas,
- Nº Horas: 15 horas
- Modalidade: presencial
- Lugar de impartición: Sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre na Vía Edison, 1 no Polígono Industrial do Tambre - Santiago de Compostela
PROGRAMA
MÓDULO I: OS EQUIPOS DE TRABALLO E O TRABALLO EN EQUIPO
MÓDULO II: A REENXEÑARÍA DOS COMPORTAMENTOS
MÓDULO III: A COMUNICACIÓN ORGANIZACIONAL
MÓDULO IV: ALGÚNS CONCEPTOS SOBRE O LIDERADO
MÓDULO V: OS ESTILOS D DIRECCIÓN.
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 18 de novembro de 2013 ás 14:00h
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.