CURSO EMPRESARIOS INDIVIDUAIS-AUTÓNOMOS. FACTURACIÓN
O obxectivo do curso son que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para realizar correctamente a súa propia facturación como traballadores/as autónomos/as
DATOS DO CURSO
- Datas: 19 de maio
- Horario: 9:30 a 14:30 horas
- Nº Horas: 5 horas
- Modalidade: presencial
- Lugar de impartición: CERSIA Empresa
- Nº de prazas: 15
PROGRAMA
- Obrigados á facturación
- Normativa sobre facturación
- A factura electrónica
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
Comentar breve resumo do proxecto na memoria na inscrición.
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 25 de abril de 2014 ás 14:00h
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas tamén por orde de inscrición accederán en primeiro lugar, empresariado e traballadores/as en activo e en segundo lugar estudantes e persoas desempregadas.