Xornada Paixón Emprendendora: recursos e axudas ao emprendemento
Nesta xornada organizada polo Concello de Santiago e o Consorcio no marco do programa Santiago Investors Support o día 30 de abril de 2014 presentaranse as actividades e axudas de ambas administracions para as persoas emprendendoras, empresariado e institucións de Santiago de Compostela
A xornada estará presentada pola ponente Marisol Vázquez, que nos falara de cómo facer da túa paixón o teu proxecto vital e empresarial. Contaremos ademáis coa presenza da Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez; a Xerente do Consorcio de Santiago, María Antón e a Concelleira de Economía, Reyes Leis.
PROGRAMA DO ACTO:
11:00h. Apertura da xornada coa ponencia de Marisol Vázquez "Paixón Emprendedora".
A sociedade precisa emprendedores/as capaces de converter a súa pixón na súa profesión facendo realidade un futuro ilusionante. Para isto é preciso facer un traballo de coñecemento interior que nos permita descubrir cal é a nosa paixón para posteriormente ter unha visión da sociedade e das súas necesidades e atopar o xeito de por a nosa paixón ao seu servizo facendo realidade unha idea baseada nuns valores determinados. Coñecerás a importancia de identificar os teus puntos fortes, os teus valores e as túas motivacións persoais para aliñalas co teu proxecto de emprendemento e así conectalos coa sociedad póndoos ao servizo doutas persoasO obxectivo desta conferencia é que as persoas asistentes descubran a actitude e a inspiración precisas para poder levar o seu proxecto emprendedor ao lugar que desexan
A nosa poñente, Marisol Vázquez:Fundadora e Directora da Escola de Talento Emocional en grupo Affines
Trainer Emocional e Coach “International Coach Federation Program”
Emprendedora de nacemento cree fielmente na capacidade do ser humano para conquerir todo aquilo que se propoña. Diplomada en Relaciones Laborales e Postgrao en RRHH pola Universidade de Santiago de Compostela tense formado da man de grandes multinacionais en venta especializada, negociación, habilidades directivas, PNL, Coaching e Intelixencia Emocional. Lidera, xunto con duas socias, Grupo Affines; cuxa misión principal é promover a educación emocional desenvolvemdo e entrenando competencias emocionais en diferentes colectivos e sectores. Colabora ademáis con importantes empresas de Formación e desenvolvemento do capital humano con obradoiros e conferencias que axudan ás persoas a descubrir e empregar o su potencial para conquerir aquilo que desexan. Ten compartido escenario con destacados/as expertos/as de recoñecido prestixio internacional: Elsa Punset, Mario Alonso Puig, Pilar Jericó e Sergio Fernández e actualmente é promotora do foro “Open Your Mind” en Santiago de Compostela ao que asistiron máis de 450 profesionales de toda España. Destacar también o seu importante papel de presentadora e dinamizadora en el Foro Iberoamericano SPIN 2012- Red Emprendia na Casa América de Madrid. “Se adquirimos e desenvolvemos competencias socioemocionais clave, non só melloramos no noso ámbito profesional aumentando a nosa competitividade, senón que conseguimos movernos á acción para descubrir novas técnicas que nos axuden a superar calquera reto ben sexa persoal ou profesional”.
12:oo h: Mesa institucional. A Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez; a Xerente do Consorcio de Santiago, María Antón e a Concelleira de Economía, Reyes Leis. comentarán brevemente as políticas de apoio ao emprendemento das súas respectivas institucións.
12:30 Pausa Café no Café Casino
13:00 Presentación dos resultados das políticas de rehabilitación do Consorcio a cargo do arquitecto Pablo Tomé.
13:30 Peche da Xornada
Institucións organizadoras de actividades de promoción económica, persoas emprendedoras e empresariado do Concello de Santiago de Compostela.
Inscrición no formulario web desta mesma páxina.