• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria de Axudas á Empresas de Recente Creación

 O programa Compostela Móvese  do Departamento de Economía, lanza para este ano 2015 unha liña de axudas a novos proxectos empresariais, cun orzamento de 100.000 euros. O Compostela Móvese nace como o programa vertebrador de todas as accións que se desenvolverán dende a Área de Promoción Económica do Concello co obxecto de dinamizar a vida socioeconómica da cidade

A finalidade destas axudas é fomentar o a creación e desenvolvemento de tecido empresarial no Concello apoiando a empresas e iniciativas de autoemprego mediante axudas a fondo perdido ao gasto corrente no que incorren estas iniciativas nun momento especialmente delicado na súa supervivencia empresarial como son os primeiros dous anos de actividade.

O máximo de axuda por empresa ascente aos 5.000 euros e os capítulos subvencionables son: custo de persoal contratado por conta allea, cotas autónomos do empresario individual e socios e cotas das mutuas dos colexios profesionais; compras de mercadorías, materias primas e outros aprivisionamentos; gastos de investigación e desenvolvemento; arrendamentos e canons; reparacións e conservacións; servizos profesionais independentes; transportes; primas de seguros; publicidade, propaganda e relacións públicas; subministros; gastos de formalización de constitución da sociedade.

Para a concesión das axudas estudarase o proxecto empresarial, no que se valorará especialmente a contribución da idea empresarial ao desenvolvemento de sectores estratéxicos da economía de Santiago, como as industrias creativas, novos produtos turísticos, prestacións de servizos para mellorar a calidade de vida dos cidadáns ou actividades baseadas na explotación comercial de resultados de proxectos de investigación da USC. Ademais, tamén se valorará dun xeito importante a creación de postos de traballo realizados pola empresa e  o uso do galego

Documentación requerida

As solicitudes realizadas no modelo de instancia adxunto ás bases, 1. dirixiranse á Oficina de Economía dependente da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, e  presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou o seu  rexistro auxiliar (Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16)  ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

O prazo xeral de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación da convocatoria no boletín oficial da provincia de A Coruña (11 de agosto de 2015 neste caso) e rematará o 11 de setembro de 2015.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Iniciar a súa actividade económica entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 11 de setembro de 2015
  • Aos efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou no seu caso no censo de obrigados tributarios.
  • Ter a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago.
  • A súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.
  • Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de axudas Santiago Investors Support nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • Non desenvolvesen a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • Non poderán ser persoas beneficiarias da presente subvención as persoas xurídicas resultado da fusión doutras pre-existentes que non cumpriran os requisitos previstos na presente cláusula, así como os solicitantes que se amparen para acreditar o cumprimento da condición de beneficiario en meros cambios de denominación, domicilio social ou calquera modificación nos estatutos