• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para a posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial

O programa Urbana Santiago Norte lanza para este ano 2015 esta liña de axudas dirixidas a empresas para os gastos correntes precisos para a posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial.

A finalidade destas axudas é fomentar a realización de novos proxectos de negocio e iniciativas de mellora da competitividade por parte do empresariado do territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte mediante axudas a fondo perdido ao gasto corrente no que incorren estas iniciativas no lanzamento de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial. Adícase a esta convocatoria un volume de fondos de 50.000€.

O máximo de axuda por empresa ascente aos 8.000 euros e os capítulos subvencionables reséñanse no punto 4º das bases das axudas.

Para a concesión das axudas valorarase o volume de gasto realizado pola empresa, o seu tamaño,  a súa forma xurídica e o uso do galego na mesma. 

Documentación requerida

As solicitudes realizadas no modelo de instancia adxunto ás bases, 1. dirixiranse á Oficina de Economía dependente da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, e  presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou o seu  rexistro auxiliar (Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16)  ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

O prazo xeral de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación da convocatoria no boletín oficial da provincia de A Coruña (11 de agosto de 2015 neste caso) e rematará o 11 de setembro de 2015.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter unha sede de actividade na Zona Urbana Santiago Norte do Concello de Santiago, segundo figura no Anexo VI.
  2. Para as empresas que inclúan entre os gastos a xustificar gastos de creación de empresa esixiranse ademáis os seguintes requisitos:
  • iniciar a súa actividade entre o 1 de xuño de 2013 e o 11 de setembro de 2015. Aos efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou no seu caso no censo de obrigados tributarios.
  • Non desenvolvesen a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • Non poderán ser persoas beneficiarias da presente subvención as persoas xurídicas resultado da fusión doutras pre-existentes que non cumpriran os requisitos previstos na presente cláusula, así como os solicitantes que se amparen para acreditar o cumprimento da condición de beneficiario en meros cambios de denominación, domicilio social ou calquera modificación nos estatutos.