Axudas para a reforma de locais de negocio e incorporación de maquinaria e equipos para a posta en funcionamento de novas liñas de negocio e/ou ferramentas de xestión empresarial
A finalidade destas axudas é fomentar a realización de novos proxectos de negocio e iniciativas de mellora da competitividade por parte do empresariado do territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte mediante axudas a fondo perdido ao investimento no que incorren estas iniciativas no lanzamento de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial. Adícase a esta convocatoria un volume de fondos de 40.000€.
O máximo de axuda por empresa ascente aos 7.000 euros e os capítulos subvencionables reséñanse no punto 4º das bases das axudas.
Para a concesión das axudas valorarase o volume de investimento realizado pola empresa, o seu tamaño, a súa forma xurídica e o uso do galego na mesma.
As solicitudes realizadas no modelo de instancia adxunto ás bases, 1. dirixiranse á Oficina de Economía dependente da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), ou o seu rexistro auxiliar (Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16) ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico e procedemento administrativo común.
O prazo xeral de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación da convocatoria no boletín oficial da provincia de A Coruña (11 de agosto de 2015 neste caso) e rematará o 11 de setembro de 2015.
Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter unha sede de actividade na Zona Urbana Santiago Norte do Concello de Santiago, segundo figura no Anexo VI.