• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

"Vende... sen vender"

O vindeiro 6 de outubro as 9:00h e no marco das actividades do programa "Compostela Móvese" terá lugar na sede da Asociación Área Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1
Polígono Industrial del Tambre - Santiago de Compostela Tlf. 981 55 28 50) a conferencia "Vende... sen vender" a cargo de Felipe García Rey na que teremos oportunidade de achegarnos as claves da venda empresarial na actualidade.

Felipe García Rey repasará coas persoas asistentes os seguintes puntos clave en relación aos procedementos de venda empresarial:

  • ¿Que é vender?
  • ¿Que vende HOXE?
  • ¿Cales son os alicerces da venda?
  • ¿Como inflúe a intelixencia emocional nas vendas?
  • A crise, ¿en que me afecta?
  • ¿Como actualizar o teu modo de venda?

Felipe García leva no mundo das vendas dende os 8 anos, idade na que xa traballaba na tenda de seus pais.

A súa paixon por este mundo fixo que pasase por empresas nacioais e multinacionais como  Vobis Microcomputer, El Corte Inglés ou Amitel Comunicaciones deica chegar a ser  responsable comercial de clientes PEME en Amena.

A posteriori desenvolve as funcións de responsable comercial de Grandes Contas para Ono en Galicia deica que decide adicarse a outra das súas paixóns:  contribuir ao desenvolvemento de habilidades comerciais tando de persoas coma de equipas de venda.

Con un estilo moi directo e fresco, Felipe García, ten un concepto moi particular do que é vender o que o ten convertido en facilitador e colaborador de grandes empresas nacionais, consultoras internacionais e escolas de negocios tanto en España como en Latinoamérica.

Grazas ao seu desenvolvemento no campo do Coaching, a Intelixencia Emocional, a Neurociencia, a motivación de alto impacto e, sobretodo, como consecuencia da súa dilatada experiencia comercial, Felipe García está especializado en desenvolver o lado máis humano das relacións comerciais.

Con posterioridade a impartición da ponencia as persoas asistentes terán a oportunidade de compartir co poñente un café e coñecer o programa municipal de formación a domicilio "Mellorar e medrar" no que o tecido empresarial do Concello de Santiago de Compostela terá a oportunidade de acceder a servizos de formación e consultoría a domicilio en materia de venda, modelo de negocio e internacionalización.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Empresariado, persoas emprendedoras e traballladoras/es que desexen mellorar o seu coñecemento sobre os procedementos de venda no entorno empresarial.

Requisitos

Inscrición a través do formulario web habilitado nesta mesma páxina.