Aprende a dar no Branco, Seminario de publicidade e esgrima
- Datas: 21 de outubro
- Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30.
- Nº Horas: 7 horas
- Modalidade: presencial
Lugar de impartición: Centro de Emprendemento Coworking Gaias, Cidade da Cultura
Nº de prazas: 20
Programa:
Publicidade. 10.00 – 14.00 horas
Chegar onde outros non chegan ou onde non chegou ninguén antes... Este é un dos fins esenciais da publicidade.
Queres ser capaz de anunciarte como esa bebida refrescante que conquista a todo o mundo? Desexas viralizarte e entrar en cada fogar a lombos dun cabalo como o do anuncio do supermercado de moda?
Nesta sesión veremos e valoraremos moita publicidade.
Queres esponsorizarte connosco?
Imparte: Modesto Gómez
*Esgrima. 16.30 – 19.30 horas
Dar no albo. Conseguir impactar na persoa de en fronte para conquistar a batalla. Ese é o fin último da publicidade e a esgrima.
Durante a sesión de tarde desta acción un dos maiores expertos de Galicia na arte da espada ensinaranos a manexar o florete con destreza, facéndonos comprender as regras, usos e costumes desta centenaria disciplina chea de vistosidade e elegancia.
Non o podes perder!
*Para este seminario é recomendable asistir con roupa deportiva.
Imparte: JoséLuis Piñeiro (promotor de Esgrima Compostela)
*Para asistir ás sesións da tarde é imprescindible ter acreditado a participación no turno da mañá.
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014.
- Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego