"MENS SANA IN CORPORE SANO" Seminario de marca e entrenamento persoal
- Datas: 28 de outubro
- Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30.
- Nº Horas: 7 horas
- Modalidade: presencial
Lugar de impartición: Centro de Emprendemento Coworking Gaias, Cidade da Cultura
Nº de prazas: 20
Programa: Adéstrate para o éxito
Marca Persoal. 10.00 – 14.00 horas
Seguro que sempre escoitaches falar desas persoas que se fan notorias na sociedade grazas á súa capacidade para poñer en evidencia as súas extraordinarias diferenzas. A pregunta é: Gustaríache ser unha desas persoas?
Nesta media xornada de mañá ensinarémosche algunhas claves para aprender como facelo: personalidade exquisita, dominio do perímetro, potencias aumentadas, apreciación xusta, emprazamento idóneo, comunicación oportuna...
Atréveste a ser irresistible?
Imparte: Modesto Gómez (ver CV )
Entrenamento Persoal. 16.30 – 19.30 horas
Unha boa forma física axúdanos a mellorar os nosos niveis de saúde e benestar.
Nesta media xornada de tarde aprenderemos a coidala coas técnicas que utilizan os adestradores persoais.
Serán tres horas de exercicio monitorado impartidas por un dos “persoal trainer” máis reputados de Santiago e Galicia.
É imprescindible traer roupa deportiva.
Imparte: Jacobo Paredes (personal trainer profesional)