SEMINARIO DE CREATIVIDADE E INTERIORISMO "LUCES E SOMBRAS"
- Datas: 4 de nobembro
- Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30.
- Nº Horas: 7 horas
- Modalidade: presencial
Lugar de impartición: Centro de Emprendemento Coworking Gaias, Cidade da Cultura
Nº de prazas: 20
Programa:
Creatividade 10.00 – 14.00 horas
O mundo é daqueles que son capaces de afrontar os problemas achegando solucións diferentes.
Neste seminario ensinámosche como dar con elas. Racionalismo, control da emotividade, lóxica, pensamento lateral e mapeado de novos océanos azuis son algunhas das claves de referencia para todo creativo que se prece.
Durante catro horas faremos múltiples exercicios para exercitar a túa creatividade.
Atréveste a pensar diferente?
Imparte: Modesto Gómez (ver CV )
Interiorismo. 16.30 – 19.30 horas
Din os expertos que ao cultivar o gusto pola ambientación espacial, a capacidade dos nosos hemisferios cerebrais aumenta, mellorando as súas aptitudes e o seu equilibrio.
Durante as tres horas da tarde procuraremos facer saír do teu interior a ese interiorista que levas dentro, ensinándoche a afiar a túa agudeza mental.
Estás preparado para recompoñer as túas habilidades espaciais?
Imparte: Fernando Sanmartín (Deseñador de interiores)
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014.
- Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego