• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SEMINARIO DE NEGOCIACIÓN E BAILE "COUSA DE DOUS"

No marco do programa de actividades "Compostela Móvese" convócase este seminario de 7 horas de duración que se celebrará o día 11 de novembro no Centro de Coworking Gaias (CEM) no marco da colaboración establecida con esta entidade para o fomento do emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago.
DATOS DO CURSO
  • Datas: 11 de novembro
  • Horario:  10:00 a 14:00  e de 16:30 a 19:30.
  • Nº Horas: 7 horas
  • Modalidade: presencial

Lugar de impartición: Centro de Emprendemento Coworking Gaias, Cidade da Cultura 

Nº de prazas: 20

Programa:

Negociación. 10.00 – 14.00 horas

Dende que naces ata que morres, dende que sae o sol ata que se pon, a nosa dimensión social convídanos a facernos entender e a chegar a acordos con outras persoas.

O bebé negocia chorando; o neno patalexando; o adolescente regateando os seus permisos; o adulto negociando conflitos...

Aprender a alcanzar acordos mutuamente beneficiosos ou solucións negociadas ante posibles non acordos é o fin último que perseguimos na sesión de mañá desta xornada.

 

Imparte: Modesto Gómez (ver CV )

 

Baile. 16.30 – 19.30 horas

Empatía, complicidade, compenetración, paixón, execución, arte... Din que "dous non pelexan se un non quere". E tampouco bailan. Porque, seica hai  algo máis compasado que bailar a par dunha parella sen pisala, ao ritmo da música e coa posición apropiada? Non hai algo de negociación no baile?

Nesta media xornada aprenderemos a base da bachata, o merengue e a salsa vistas dende a negociación, o liderado e o aproveitamento das destrezas persoais.

Bailamos?

Imparten: Beatriz Veiga e Manuel López

(triCampeóns de España de Baile Deportivo)

 

 

*Para asistir ás sesións da tarde é imprescindible ter acreditado a participación no turno da mañá.

Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014
  • Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Colectivo preferente: persoas emprendedoras, empresariado e traballadoras/es en activo do Concello de Santiago de Compostela.  
Requisitos
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 6 de novembro de 2015 ás 14:00h.  A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso de inscrición dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas  tamén por orde de inscrición accederán estudantes e persoas desempregadas. A convocatoria permanecerá aberta máis alá da data límite de inscrición sempre e cando existan prazas sen cubrir.