• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SEMINARIO DE LIDERADO E CANTO CORAL "A VOZ CANTANTE"

No marco do programa de actividades "Compostela Móvese" convócase este seminario de 7 horas de duración que se celebrará o día 18 de novembro no Centro de Coworking Gaias (CEM) no marco da colaboración establecida con esta entidade para o fomento do emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago.
DATOS DO CURSO
  • Datas: 18 de novembro
  • Horario:  10:00 a 14:00  e de 16:30 a 19:30.
  • Nº Horas: 7 horas
  • Modalidade: presencial

Lugar de impartición: Centro de Emprendemento Coworking Gaias, Cidade da Cultura 

Nº de prazas: 20

Programa:

Liderado. 10.00 – 14.00 horas

Comprender a importancia dos valores humanos na empresa, da súa posición, da súa ordenación, da súa complementación e do seu traballo coopetitivo é unha das principais claves para entender o seu éxito.

Neste seminario expoñeremos como traballar en equipo, como liderar grupos e como seleccionar aos mellores líderes e traballos para garantir o triunfo persoal e corporativo.

 Imparte: Modesto Gómez (ver CV )

 

Canto Coral. 16.30 – 19.30 horas

Un equipo funciona como un coro: necesita un director e a un conxunto de voces harmónicas e ordenadas que interpreten música con oído, entoación e melodía.

Nesta media xornada de tarde integraremos un coro, comprenderemos como se seleccionan as súas voces e ensaiaremos algunhas sinxelas pezas musicais baixo a batuta dun gran director.

Será unha experiencia chea de musicalidade, alegría e compañeirismo.

Imparte: José Luis Vázquez (director coro nenos Sinfónica de Galicia)

 

*Para asistir ás sesións da tarde é imprescindible ter acreditado a participación no turno da mañá.

Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014
  • Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Colectivo preferente: persoas emprendedoras, empresariado e traballadoras/es en activo do Concello de Santiago de Compostela. 
Requisitos

Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 13 de novembro de 2015 ás 14:00h.  A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso de inscrición dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas  tamén por orde de inscrición accederán estudantes e persoas desempregadas

ESTA CONVOCATORIA ESTA PECHADA, QUEDANDO TODAS AS PRAZAS ESGOTADAS.