A Viaxe: ferramentas para construír acción social colaborativa
Cantas veces queremos facer cambios nas nosas comunidade e na nosa contorna? Mellorar as relacións co noso equipo de traballo dentro das organiacións, favorecer o benestar coa nosa veciñanza, aprender a comunicarnos cos/as nosos/as fillos/as, impulsar un modelo educativo máis libre centrado no desenvolvemento da persoa, activar a miña forma de xerar novas oportunidades laborais...
O programa A Viaxe xorde para portar ferramentas que faciliten que as persoas tomen impulso e comencen novas aventuras e cambios no su contorno personal ou profesional.
Atréveste?
A Viaxe é unha experiencia formativa transformadora de 5 días de duración dirixida a 20 persoas persoas con ganas de compartir o seu coñecemento e de aprender e poñer en práctica ferramentas para activar procesos de cambio no seu contorno a partir de elas mesmas.
DATAS DE REALIZACIÓN:
Luns 20 de febreiro de 2017 de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00
Martes 21, mércores 22, xoves 23 e venres 24 de febreiro de 2017 de 9:30 a 14:30
Consulta o programa e principios desta Viaxe no documento de programa que podes descargar nesta mesma páxina e comparte con nós esta experiencia de parendizaxe compartido.
Buscamos profesionais do desenvolvemento local, persoal ténico do tecido institucional e asociativo e persoas que queiran mellorar os seus entornos de desenvolvmento de proxectos.
Para participar é preciso realizar a preinscrición entre o 9 de setembro e a data de realiación do curso no seguinte enlace
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición e confirmarase á admisión ao curso por correo electrónico unha vez que finalice o prazo de inscrición