• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

OBRADOIRO DE PERFECCIONAMENTO PROFESIONAL E ATENCIÓN AO CLIENTE

A Concellaría de Desenvolvemento Local co financiamento da Deputación de Coruña, organiza este obradoiro de perfeccionamento profesional no que aprender de xeito ameno e divertido ferramentas e habilidades para mellorar a calidade da atención ao cliente.

DATA DE REALIZACIÓN: 23/11/2016 en horario de 17:00h a 21:00h LUGAR DE REALIZACIÓN: Aula gastrocultural da Praza de Abastos de Santiago PROGRAMA: 1. Pautas para facer facturas e fiscalidade. 2. O segredo de como funcionan a clientela, e de como funcionas ti. 3. Dúas formas de vivir o negocio... e a vida (e unha faite débil e importente) 4. Os verbos da atención ao/á cliente e o seu significado 5. Escoita: exercicios e dinámicas 6. Comunicación e empatía: exercicios e dinámicas 7. Aprendendo a xestionar conversas difíciles 8. Xestión dos distintos tipos de clientes/as: exercicios e dinámicas PRAZAS DISPOÑIBLES:25

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Establécese como colectivo preferente para esta acción formativa as persoas titulares dun posto na Praza de Abastos así como as persoas que sexan empregadas das primeiras. No caso de dispoñibilidade de prazas poderán acceder persoas emprendedoras e persoal ocupado de calquera empresa con sede de actividade en Santiago de Compostela

Requisitos

Inscrición no formulario desta mesma páxina. O periodo de inscrición exténdese ata o 22 de novembro as 12:00h. A admisión ao curso confirmarase o 22 de novembro de 2016 ao correo electrónico indicado no momento de realizar a inscrición. A asistencia a totalidade do obradoiro dará lugar a emisión de diploma acreditativo da súa realización. A non asistencia sen aviso previo, pode penalizar na admisión en futuras accións de formación organizadas polo Concello de Santiago