• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mellora e gaña. Puntos de venda para o éxito

A Concellaría de Desenvolvemento Local co financiamento da Deputación de Coruña, organiza este obradoiro de mellora do punto de venda que se impartirá no propio punto de venda das persoas interesadas e no que traballaremos para aproveitar ao máximo o potencial do sitio onde estas, do teu negocio e traballo, das tendencias no mercado.

Traballaremos de xeito integral nas seguintes áreas:

  1. Branding: cada establecemento, cada posto, ten unha historis, unha proposta, algo que o fai único e especial. Temos que se capaces de transmitir todo iso a través do deseño, a comunicación e o servizo.
  2. Produto: é na maioría dos casos de gran calidada, imos traballar en mellorar rotulación, exhibición, deseño, colocación, merchandising visual, etc.
  3. Ambiente: limpeza, orde, deseño, información
  4. Servizo: Identificar rodos os puntos de contacto dun cliente co posto e ver como funcionan, que se precis eliminar e que agregar.
  5. Comunicación: No PUnto de Venda (información de produtos, da Marca, De servizos, de promociones) e en internet.
  6. Accións de Marketing: o estar en compañía doutras marcas presenta moitas oportunidades de colaboración para beneficiarse todos.
UNICAMENTE 5 PRAZAS DISPOÑIBLES!
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Establécese como colectivo preferente para esta acción formativa as persoas titulares dun posto na Praza de Abastos así como as persoas que sexan empregadas das primeiras. No caso de dispoñibilidade de prazas poderán acceder persoas emprendedoras e persoal ocupado de calquera empresa con sede de actividade en Santiago de Compostela
Requisitos

Inscrición no formulario desta mesma páxina. O periodo de inscrición exténdese ata o 5 de decembro ás 12:00h. A admisión ao curso confirmarase o 22 de novembro de 2016 ao correo electrónico indicado no momento de realizar a inscrición.

A asistencia a totalidade do obradoiro dará lugar a emisión de diploma acreditativo da súa realización. A non asistencia sen aviso previo, pode penalizar na admisión en futuras accións de formación organizadas polo Concello de Santiago