• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Emprender en equipo na universidade

Inspirándose na mitoloxía grega, o programa Argos da USC busca equipos interdisciplinares de persoas emprendedoras e universitarias ás que se lles facilitará acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente. Traballo en equipo e “aprender facendo” son as dúas claves desta iniciativa aberta a alumnado de grao, máster, doutoramento e últimos anos de grao, así como a titulados/as das últimas promocións e persoal ou colaboradores de grupos de investigación. A inscrición pode formalizarse ata o 20 de outubro.

A conformación dos posibles equipos de Argos susténtase en tres ideas: a complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo, a presenza dunha persoa con coñecementos de xestión empresariais, e o acceso á carteira de resultados de investigación da USC e ideas procedentes de empresas da contorna de Santiago e de Lugo que poderán ser a base de futuras plans de empresa.

Ao remate do programa, os plans entregados poderán optar a algunhas das dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000 euros cada unha (Argos Spin para proxectos baseados en resultados de investigación da USC, e Argos Enxeño para os xurdidos de ideas propias ou empresas do contorno de Santiago e Lugo), así como seis meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán participar no Programa ARGOS os seguintes colectivos pertencentes á USC: • Alumnos/as dos dous últimos anos de licenciatura ou grao. • Alumnos/as de posgrao, máster ou doutoramento. • Persoas egresadas das últimas promocións. • Persoal colaborador ou persoal integrado en grupos de investigación.