Xornada presentación de instrumentos "Cascade Funding"
Os "Cascade Funding" son proxectos nos que a Comisión Europea financia a un consorcio que se encarga de asignar os fondos entre terceiros, principalmente Pemes e Startups.
O vindeiro 10 de outubro, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza unha xornada para a presentación dos programa IMPACT Growth e IMPACT Connected Car, mecanismod de tipo "Cascade Funding", que ofrecen ata 250.000 € a fondo perdido.
IMPACT Growth é o novo programa de aceleración da aceleradora IMPACT. Na convocatoria que está aberta seleccionaránse 14 proxectos que recibirán 100.000 € a fondo perdido ademáis dun programa de aceleración online que inclúe formación, mentoring, internacionalización e acceso a financiamento privado de ata 1,5 millones de euros. Ademáis os dous mellores proxectos do programa de aceleración poderán conseguir ata 150.000 € extra, polo que en total obterán ata 250.000 € a fondo perdido. Os proxectos seleccionados beneficiaránse de formar parte do ecosistema FIWARE.IMPACT Connected Car pola súa banda ofrece ata 60.000 € por proxecto ademais dun programa de aceleración online que inclúe formación, mentoring e internacionalización.
Pódense concertar reunións bilaterais coas persoas responsables das aceleradoras IMPACT Growth e IMPACT Connected Car, é preciso indicalo no propio formulario.