Obradoiro de Fotografía de Produto para Redes Sociais. "Visibiliza o teu negocio"
O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 8 de novembro en horario de 17:00 a 21:00 horas.
Xaime Cortizo é un fotógrafo e diseñador visual con máis de 10 anos de experiencia no mundo da Fotografía e a Comunicación Visual. Adícase a desenvolver e proxectar a imaxe de artistas, persoas emprendedoras, empresas, proxectos ou eventos diversos. Cunha ampla experiencia na cobertura de eventos, onde intenta captar a esencia do que alí sucede. No plano artístico interésalle bucear na beleza cotiá, captala e mostrala a través dunha mirada optimista e con emoción. Amante da natureza e do trato próximo coas persoas, a súa carteira de productos abarca cobertura de eventos ou celebracións, concertos, congresos, presentacións, fotografía social
retratos, books, marca persoal/corporativa, publicidade, deseño e xestión de imaxe en redes sociais/web. Máis información sobre Xaime Cortizo .
PRAZAS DISPOÑIBLES:
Ofértanse 20 prazas para participar nesta acción formativa.