Comeza o prazo para a solicitude dos premios Artesanía de Galicia 2017
O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.
1. Premio Artesanía de Galicia 2017. Obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada como tal, de acordo coa Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, e co Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía. 2. Premio Traxectoria 2017. Artesáns/ás en activo ou retirados que están ou estiveron inscritos como tales no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de 20 anos. Os encargados de facer a presentación das candidaturas desta categoría serán os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, as asociacións profesionais de artesáns de Galicia ou outras entidades públicas ou privadas. 3. Premio Bolsa Eloy Gesto 2017. 1. Artesáns/ás inscritos/as no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, cunha idade máxima de 40 anos no 2017. 2. Obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada como tal e que acadase unha idade máxima de 40 anos en 2017