Entrega dos V Premios Emprende Gaiás Sixto Seco
O vindeiro 14 de novembro, ás 18:00 horas, no Salón de Convencións - CEM, a Cidade da Cultura de Galicia celebra a entrega dos V Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco. O acto de entrega virá precedido por unha conferencia de Emilio Duró, coñecido asesor, consultor e formador nas primeiras empresas do país, que leva por título: No vale renderse.
Tras a conferencia, coñeceranse os gañadores das tres modalidades establecidas nos Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco:
- Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
- Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica
- Iniciativas innovadoras na área da xestión cultural
Os proxectos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e incorporaranse de balde durante doce meses ao espazo de coworking do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces