Xornada gratuíta para que as empresas comprendan as novas demandas dos mercados
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizará o vindeiro 15 de novembro unha xornada divulgativa gratuíta sobre técnicas de venda e experiencia de compra, titulada “A experiencia do cliente no comercio minorista”, co obxecto de queue os participantes comprendan as novas demandas do mercado, o que busca actualmente o cliente e os seus hábitos para así identificar como se pode ser máis atractivo e lograr unha melloría no resultado do negocio.
Esta actividade forma parte do Plan de Comercio Minorista, posto en marcha polas Cámaras de España e a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O Plan de Comercio Minorista contempla un programa destinado a mellorar a competitividade dos comercios da demarcación cameral de Santiago a través de diagnósticos individualizados e informes de recomendacións de mellora para que os locais comerciais poidan asumir as metodoloxías e solucións e incrementar a súa situación competitiva.