• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Conferencia "A Lei de Implantación Empresarial, unha oportunidade para o crecemento do tecido empresarial galego"

O ciclo de conferencias da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela continúa este mes de novembro coa conferencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, titulada “A Lei de Implantación Empresarial, unha oportunidade para o crecemento do tecido empresarial galego”. Será o vindeiro mércores,  22 novembro, no salón de actos da entidad a partir das 20:00 horas.

Esta charla porá o peche ao ciclo de 2017, destinado a analizar a situación económica, social e cultural do país a través de personaxes de gran relevancia nos diferentes ámbitos. 

Segundo manifestou xa o conselleiro, a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia pretende facilitar o investimento e reducir á metade o prazo de tramitación para novos proxectos industriais. A normativa busca favorecer o investimento, a creación de empresas e a fixación de tecido industrial en Galicia, de modo que traerá consigo menos burocracia, maior axilidade administrativa e incentivos fiscais e financeiros.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición