• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Obradoiro de REDES SOCIAIS II

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a praceiras e praceiros que teñan o seu negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e precisen formación en materia de redes sociais para o pequeno comercio.

O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 29 de novembro en horario de 17:00 a 21:00 horas.

 

Obxetivo e contido:

Repaso polas principales redes sociais e as súas funcionalidades. Actualización da formación levada a cabo na primeira metade do ano. Ampliación. Nivel II.

Análise de cada unha delas e selección das máis adecuadas en base aos obxetivos individuais. 

Auditoría dos puntos a mellorar de cada negocio e na súa xestión de redes sociais. 

Deseño da estratexia social media de cada negocio para mellora de resultados. 

Innovación en Social Media. 

 

*Será un taller teórico- práctico impartido por Pekecha . 

 

 

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Ofértanse 20 prazas para participar nesta acción formativa. 

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

 Esta acción formativa está especialmente dirixida a praceiras e praceiros que teñan o seu posto de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela; así como ao persoal que traballa en ditos postos. No caso de exitir prazas dispoñibles non cubertas por este colectivo poderán participar persoas que posúan un pequeno comercio no Concello de Santiago ou ben sexan traballadoras dun.

 
Requisitos
Inscrición no formulario web desta mesma páxina.