A Deputación da Coruña convoca o II premio provincial á mellor iniciativa empresarial
A súa finalidade consiste en premiar as iniciativas e o traballo realizado por empresas e fomentar unha imaxe positiva do tecido empresarial como fonte de riqueza e emprego, contribuír á súa sustentabilidade e fomentar o espírito e a iniciativa empresarial. O Premio vai dirixido a pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as con domicilio fiscal e centro de traballo na provincia da Coruña.
Establécense tres categorías de premio:
1.ª CATEGORÍA.–Premio á mellor iniciativa empresarial xove, para pequenas e medianas empresas.
2.ª CATEGORÍA.–Premio á mellor iniciativa empresarial madura.
3.ª CATEGORÍA.–Premio á mellor iniciativa empresarial socialmente responsable.
Para cada categoría establécese un premio en metálico por un importe bruto de 25.000 €. Sobre esta contía realizaranse as retencións correspondentes do ordenamento tributario regulador do IRPF e do Imposto de Sociedades.