• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

OBRADOIRO DE DESEÑO DE CAMPAÑAS DE MARKETING

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a praceiras e praceiros que teñan o seu negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e precisen formación para dinamizar as ventase levar a cabo apertura de mercado a través de campañas segmentadas na rede.
Será un taller totalmente práctico no que cada participantes en base a todos os recursos vistos elaborará o seu propio plan estratéxico de marketing para o 2018.

Para elo deseñará o o plan xeral e as micro- campañas que se desenvolverán tanto no ámbio online como offline en base aos seus obxectivos.

O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 7 de febreiro de 17 a 21 horas.

Obxetivo e contido:

As persoas participantes poderán elaborar e deseñar o seu propio plan de marketing para o 2018.

 Este será unha sesión totalmente práctica; na que ademáis de elaborar o seu plan, contarán coa supervisión posterior e revisión ( con feedback posterior e consellos) por parte do equipo docente.

  *Será un taller prácticoeórico- práctico impartido por Pekecha.

 

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Ofértanse 20 prazas para participar nesta acción formativa. 

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Esta acción formativa está especialmente dirixida a praceiras e praceiros que teñan o seu posto de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela; así como ao persoal que traballa en ditos postos. No caso de exitir prazas dispoñibles non cubertas por este colectivo poderán participar persoas que posúan un pequeno comercio no Concello de Santiago ou ben sexan traballadoras dun.
Requisitos
Inscrición no formulario web desta mesma páxina.