Xornada en Santiago sobre produción de leite ecolóxico
O vindeiro xoves, 25 de xaneiro, celebrarase en Santiago de Compostela unha xornada sobre produción gandeira ecolóxica. Na xornada, organizada por Ecofeed, líder na fabricación de penso ecolóxico para vacún de leite, abordaranse temas como a selección xenética para as gandarías de vacún de leite ecolóxico, os factores que inflúen na calidade do leite que cambios se prevén na nova PAC para as axudas agroambientais e de produción ecolóxica.
A xornada comezará ás 11:00 horas co seguinte programa:
- ”A nova PAC: relevancia das medidas agroambientais e de produción ecolóxica”. Eloi Villada, presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.
- ”Factores que inflúen na calidade do leite: ¿Que tipo de leite interesa producir?”. Jaime Magdalena, investigador da aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago.
- ”Planificación da orientación xenética nas granxas de vacún leiteiro ecolóxico”. Stéphane Fitamants (Global Genetics-Procross).
Ao finalizar a xornada ofrecerase un cátering aos asistentes.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces