Préstamos reembolsables para mellorar o acceso das pemes ao financiamento
O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables que se vaian implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran, ademais, os requisitos específicos establecidos para cada modalidade de produto.
Os investimentos que se financien non poderán terse concluído nin executado integramente na data da resolución da solicitude de préstamo. Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos das bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.
Modalidades de préstamos do Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020:
- Préstamos IFI Emprende.- Apoiar financeiramente pemes promovidas por emprendedores mediante préstamos a tipos de xuro reducidos para que acometan os investimentos necesarios para a posta en marcha do negocio en Galicia. O importe mínimo do préstamo será de 50.000 € e o máximo de 200.000 €. En ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable.
- Préstamos IFI Industria 4.0.- Apoiar financeiramente pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria (conforme o concepto definido na Axenda de competitividade de Galicia) e pretendan financiar investimentos en activos fixos e o capital circulante estrutural vinculados a un proxecto de investimento, priorizando tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0. O importe mínimo do préstamo será de 65.000 € e o máximo de 1.000.000 €. En ningún caso superará o 65 % do custo do proxecto financiable.
- Préstamos IFI Relanzamento.- Apoiar financeiramente empresas que tras ou durante un proceso de refinanciamento ou reestruturación que lles dificulta o acceso ao financiamento bancario necesiten investimentos en activos fixos e en capital circulante estrutural vinculado ao investimento, para mellorar a súa rendibilidade e recuperar mercado. O importe mínimo do préstamo será de 60.000 € e o máximo de 1.000.000 €. En ningún caso superará o 60 % do custo do proxecto financiable.
- Préstamos IFI Innova.- Apoiar financeiramente proxectos innovadores de pemes financiando activos tangibles. O importe mínimo dos préstamos que se concedan será de 50.000 € e o máximo de 500.000 €, correspondendo a un 70 % do importe total do custo do proxecto financiable e intanxibles e gastos de desenvolvemento e innovación.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces