• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Encontro “Deseño de marcas en tempos da COVID-19”

Baixo o título “O deseño de marcas en tempos da COVID-19”, exploraranse as mellores fórmulas para construír marcas sólidas, coherentes e relevantes nesta época de incertidume; analizaranse as boas prácticas postas en marcha polas marcas máis auténticas nestes últimos meses; e abrirase o debate sobre o papel destas na contención da desestabilización económica, co foco posto nos cambios de hábitos dos consumidores.

Taller de marketing dixital e redes sociais

  • Elaboración dun plan de comunicación da marca persoal ou empresarial a través dun sitio web e de redes sociais, partindo dunha estratexia de elaboración de contidos.
  • Comprender que lugar ocupan as redes sociais dentro do engrenaxe do teu negocio.
  • Comprender a utilidade das redes sociais e como encaixan dentro do teu plan de negocio.
  • Entender a necesidade ou non de ter un comunitymanager e as diferentes opcións.
  • Coñecer outras redes sociais máis alá de Facebook, Instagram e Twiter.

Webinar Cómo dinamizar o sector biotech a través da innovación?

12:30 horas. Benvida

Loli Pereiro, Xerente Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA) Representante da Axencia Galega da Innovación (GAIN)

12:45 horas. Servizo de Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.

Laura Zacarés, de INCOTEC 

12:55 horas. Servizo Protección da innovación.

Alberto Álvarez, de Álvarez Real

13:05 horas. Servizo de Asesoramento para o financiamento da innovación.

Marta Bravos, de INNPLICA

13:15 horas. Preguntas

Axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II)

Actuacións:

Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.

Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.