Programa de Formación en Tendas Virtuais e Emprendemento
O obxectivo principal destes Programas Formativos é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do Emprendemento de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan, e que a través dos programas “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade.
Programa de Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento
O obxectivo principal destes Programas Formativos é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do Emprendemento de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan, e que a través dos programas “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade.
Apoio financeiro a novas empresas innovadoras
Contribuír á recuperación económica e social do país ante a crise provocada pola pandemia do coronavirus, financiando e/ou apoiando a startups/ scaleups con proxectos innovadores para que poidan poñelos en marcha de forma inmediata.
Axudas para reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario
Os ámbitos de aplicación previstos na convocatoria son:
• Téxtiles sanitarios.
• Equipamentos de protección individual (máscaras, cortinas, traxes, gorros, luvas...).
• Kits e consumibles de diagnose.
• Alcois e desinfectantes sanitarios.
• Dispositivos de intervención ou tratamento.
• Ventiladores ou os seus compoñentes.
• Elementos para a desinfección.
• Fabricación de maquinaria para a produción destes bens.
• Outros equipamentos necesarios para a prevención e loita contra o COIVID-19 ou o tratamento da enfermidade.
Esténdese o prazo para a presentación e ingreso de declaracións e autoliquidacións tributarias
No ámbito das competencias da Administración tributaria do Estado, os prazos de presentación e ingreso das declaracións e autoliquidacións tributarias daqueles obrigados con volume de operacións non superior a 600.000 euros no ano 2019 cuxo vencemento se produza a partir da entrada en vigor deste real decreto-lei e ata o día 20 de maio de 2020 estenderanse ata esta data. Neste caso, se a forma de pago elixida é a domiciliación, o prazo de presentación das autoliquidacións estenderase ata o 15 de maio de 2020.
Apróbanse as primas aplicables á liña de circulante da Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación, SA
Cando os créditos cumpran coas características que as fan aplicables as normas de minimis, o prezo aplicable é de 20 puntos básicos sobre o saldo do importe avalado.
Modifícanse contías en materia de aprazamentos no pago de débedas coa Seguridade Social
"Non será necesaria a constitución de garantías para asegurar o cumprimento do aprazamento no pago de débedas coa Seguridade Social cando o total da débeda aprazable sexa igual ou inferior a 150.000 € ou cando, sendo a débeda aprazable inferior a 250.000 €, acórdese que se ingrese polo menos un terzo desta última antes de que transcorresen dez días desde a notificación da concesión e o resto nos dous anos seguintes".
Posta en marcha do segundo tramo da liña de avais do ICO
Ademaís, o decreto determina as condicions que deberán ter as operacións financeiras avaladas:
"Os custos dos novos préstamos e renovacións que se beneficien destes avais manteranse en liña cos custos cargados antes do inicio da crise do COVID-19, tendo en cuenta a garantía pública do aval e custo de cobertura e por tanto, en xeral, deberán ser inferiores aos custos dos préstamos e outras operacións para a mesma tipoloxía de cliente que non conten co aval. O cumprimento desta condición será supervisado por ICO.
Webinar - Liquidez para as empresas galegas ante o covid-19
Este mércores, 8 de abril, ás 10.00 h, SabadellGallego, coa colaboración de SOGARPO e AFIGAL, explicarán estas iniciativas, así como os avais ao financiamento habilitados tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno de España e resolverán as dúbidas que os participantes envíen mediante o chat habilitado.