Bonos Corazón: os establecementos poderanse adherir á campaña a partir do mércores e os bonos comezarán a descargarse o venres
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, deu conta hoxe dos prazos e condicións dos Bonos Corazón, unha vez publicadas as bases no BOP. A tenenta de alcaldesa lembrou que, como novidade, este ano haberá dúas convocatorias de axudas, a que comeza agora en maio e a que se prevé para outubro. En cada unha delas vanse repartir 300.000 euros, para sumar os 600.000 euros que os orzamentos municipais de 2025 destinan aos Bonos Corazón, 150.000 euros máis que o ano pasado.