• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS A PROXECTOS TRACTORES DE ENOGASTRONOMIA DE GALICIA

Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións para a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos tractores que teñan un efecto transformador no sector turístico enogastronómico de Galicia, cos obxectivos de ampliar a oferta de aloxamento e de restauración e promover un turismo enogastronómico sustentable na Comunidade Autónoma de Galicia.

PROGRAMA INVESTIGO

Será obxecto das subvencións reguladas na presente norma a contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, por parte de empresas que estean a investir en investigación e innovación na realización das iniciativas de investigación e innovación recollidas nesta norma.

SUBVENCIONS PARA O FINANCIAMENTO DE ACCIONS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACION

As subvencións que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

AXUDAS Á APICULTURA

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, no marco da Intervención Sectorial Apícola recollida no Plan Estratéxico Nacional da Política Agrícola Común (PAC) do Reino de España 2023-2027 e proceder á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

SUBVENCIONS A SALAS DE ARTES ESCENICAS

Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións de concesión en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional, das salas de artes escénicas de titularidade privada e así fomentar a súa estabilidade e consolidación, e aprobar a convocatoria para o ano 2024

Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de Economía Social e aos Premios á Excelencia Empresarial

A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago vén de publicar a segunda convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social e dos premios á excelencia empresarial. Ambas convocatorias introducen modificacións con respecto ás edicións anteriores, co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión, favorecer a novos sectores de actividade, ou priorizar as dimensións estratéxicas e obxectivos da Axenda Urbana 2030.