• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Luz verde ás axudas no ámbito cultural para as asociacións e para actividades do sector profesional

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a concesión de subvencións a seis asociacións culturais por un total de 24.146,74 euros. As entidades beneficiarias foron: a Nova Escola Galega con 5.000 euros, a Asociación Merenda creativa con 3.696 euros, a Asociación medioambiental e cultural A pedra que fala con 1.450,74 euros, a Asociación Cultural Barriga Verde con 5.000 euros, a Federación galega de Bandas de música populares con 5.000 euros e a Asociación deportivo cultural Capoeira Angola con 4.000 euros.

Aberto o prazo ata o 1 de outubro para solicitar subvencións dirixidas a empresas de economía social

Con esta convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 120.000 euros, o Concello de Santiago pretende contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresaria. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 1 de outubro.

Aberto o prazo ata o 1 de outubro para a presentación de candidaturas ao Premio á excelencia empresarial

A convocatoria para este ano III Edición de Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago contan cun orzamento de 60.000 euros, divididos en sete premios de 5.000 euros e unha serie de mencións. O seu obxectivo é premiar as empresas que se distinguisen polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, das boas prácticas de empresas de economía social.

SUBVENCIONS DO PROGRAMA DE COMERCIO CIRCULAR

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a transformación sostible do sector comercial galego a través do pulo de actuacións de comercio sostible e circular.

Programa Eco-pack. Este programa está orientado á redución das cantidades de embalaxe mediante a adaptación do seu tamaño e forma ás dimensións e formato dos produtos, priorizando o uso de materiais reciclados e reutilizables.

Compostela co Sur Global: as ONGDs dan conta dos proxectos que desenvolven grazas ás subvencións do Concello de Santiago

"Compostela máis solidaria" é unha proposta de sensibilización arredor das realidades migrantes que forman parte da nosa contorna e das que, como sociedade, non sempre somos conscientes. Nesta edición, o programa pón o foco na necesidade de termos información veraz e de primeira man fronte aos bulos, que no que tén que ver coa cooperación e a poboación migrante adoitan traducirse en máis intolerancia.

SUBVENCIONS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTO DE APROVEITAMENTO DE ENERXIAS RENOVABLES ELECTRICAS E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA NAS EMPRESAS DE PRODUCION AGRICOLA PRIMARIA

Regular a concesión de subvencións para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.