Compostela co Sur Global: as ONGDs dan conta dos proxectos que desenvolven grazas ás subvencións do Concello de Santiago
"Compostela máis solidaria" é unha proposta de sensibilización arredor das realidades migrantes que forman parte da nosa contorna e das que, como sociedade, non sempre somos conscientes. Nesta edición, o programa pón o foco na necesidade de termos información veraz e de primeira man fronte aos bulos, que no que tén que ver coa cooperación e a poboación migrante adoitan traducirse en máis intolerancia.
Santiago e Braga estreitan lazos cun irmandamento
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a ceremonia na que o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo e o seu homólogo bracarense, Ricardo Rio, formalizaron un convenio de irmandamento entre Santiago e Braga. O acto contou coa presenza de Sameiro Araújo, vicepresidente da Câmara; os vereadores Olga Pereira, Barbara Barros, Artur Feio e Silvia Sousa, así como representantes da Igrexa, da Universidade e do mundo empresarial da vila portuguesa.
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convoca novas actividades para fomentar o espírito emprendedor
Este ciclo formativo prevé alomenos a realización de 16 xornadas, que se levarán a cabo en diferentes centros formativos galegos, dirixidos a alumnos da ESO, Bacharelato e outros ciclos de ensinanza. Cada xornada estará composta por unha formación teórica, na que se se buscará transmitir a motivación cara o emprendemento cooperativo, así como por visitas guiadas a diferentes empresas para que o alumnado poida achegarse á realidade das cooperativas.
O Foro pola Economía Social Galega asina o seu compromiso coas entidades de economía social galegas
A asociación foi constituida pola unión das entidades Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga), entidades que representan a 371 organizacións, cun volumen de ingresos de 1.616,5 millóns de euros anuais e 9.276 empregos directos.