• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Praza de Abastos premia a fidelidade da clientela nos seus “80 anos alimentando Compostela”

A Praza de Abastos está a entregarlle á súa clientela diferente material promocional, no marco da campaña “80 anos alimentando Compostela”. Así, presentando tickets de compra de máis de 25 euros, as consumidoras poderán levar unha friameira conmemorativa; mentres que o agasallo para as persoas que mostren tickets de máis de 15 euros serán bolsas de malla reutilizables para realizar a compra. 

Míriam Louzao salienta a creación do Foro de Turismo Sustentable como novo modelo de gobernanza e participación cidadá nas políticas municipais de Turismo

“A constitución do Foro responde á aposta por introducir un novo modelo de gobernanza en materia de turismo, que foi unha das principais novidades que o Goberno municipal de Compostela presentou na documentación que no seu momento achegou á Xunta de Galicia para a creación deste imposto autonómico” asegurou Míriam Louzao.

Óptica Val e a Asociación ASPAS, protagonistas da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” no mes de novembro

A tenenta de alcaldesa puxo en valor o traballo que vén desenvolvendo a Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual, que cumprirá 60 anos en 2027. María Rozas lembrou que “ASPAS axuda a mellorar a vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, ofrecéndolles apoio educativo, laboral e social, facilitando a súa inclusión e autonomía, e promovendo o respecto á diversidade; un traballo que coñecemos ben no concello porque esta é unha entidade coa que mantemos unha colaboración estable desde o departamento de Servizos Sociais”.

O CERSIA acolle unha xornada formativa sobre axuda humanitaria e cooperación desde os concellos

O curso ‘Saber doar. A axuda humanitaria desde os concellos’ estaba dirixido ao persoal político e técnico da administración local, pero tamén ao tecido asociativo. O obxectivo era dar a coñecer como se debe planificar, xestionar e coordinar a axuda en situacións de emerxencia, como a que se producía hai xusto un ano pola DANA de Valencia, ou derivadas de conflictos internacionais. Nese sentido, no curso ofrecéronse as pautas para atender as necesidades reais da poboación, e evitar que os problemas na xestión da axuda poidan traducirse nun agravamento da crise.

O Concello de Santiago participa na asemblea xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local

O Instituto Municipal de Promoción Económica, Formación e Emprego, IMPEFE, entidade socia da rede estatal foi o anfitrión e o encargado de organizar unha axenda completa ao redor da intelixencia artificial e a participación cidadá.  
A axenda da mañá permitiu debater tamén sobre a participación cidadá nunha dinámica de traballo dirixida polo responsable da área de Participación do Concello de Ciudad Real, César Bernal, e o xerente da Rede Kaleidos, Jorge Ramón Sobrón.

Intelixencia artificial para o desenvolvemento local

Goretti Sanmartín defende a axenda urbana como unha oportunidade para planificar a Compostela dos próximos dez anos, no marco do III Foro Urbano estatal

“A axenda urbana ten unha importancia especial á hora de deixar atrás axendas curtopracistas e planificar cidades e concellos no medio prazo, con proxectos que superen un único mandato e, no noso caso, que transformen Compostela a dez anos vista” asegurou Goretti Sanmartín no inicio da súa intervención.

A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" visibiliza en outubro o traballo da Fundación Andrea en colaboración con Mimolett

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou este venres a tenda de roupa Mimolett, que este mes de outubro centra a campaña ’12 comercios, 12 sensibilidades' para darlle visibilidade ao traballo da Fundación Andrea. 
A tenda Mimolet mantén durante este mes un punto informativo sobre a Fundación Andrea, no que tamén se poderán adquirir produtos solidarios en favor da entidade. A proposta complétase con actividades para o público familiar e sorteos.

Aberto ata o 1 de outubro o prazo para presentar candidaturas aos IV Premios á Excelencia Empresarial

Os Premios á Excelencia Empresarial nacen co fin de premiar ás empresas que se distinguen polas súas boas prácticas no eido da conciliación, economía circular, aplicación da innovación e ciencia no modelo de negocio, a comercialización de produtos e servizos culturais, o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda Urbana 2030, o desenvolvemento da economía social e a retención do talento. Cada categoría contará cun premio por importe de 6.000 euros, e haberá ademais tres mencións especiais por importe de 2.000 euros cada unha delas. 

O Concello de Santiago celebra o Ano Internacional das Cooperativas reafirmando o seu compromiso “cun modelo económico máis xusto e igualitario”

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, foi a encargada de clausurar o acto. Na súa intervención, a rexedora comparou o cooperativismo coa unión de pequenos fíos que se van facendo fortes e van creando rede. “Esa é unha das maneiras que temos de traballar, horizontal, unha maneira en que todas as persoas teñen os mesmos dereitos e as mesas capacidades, unha maneira de traballar diferente”, manifestou a rexedora. 

Comeza “Artesanamente”, un mercado que reivindica o valor cultural, social e económico da artesanía

Na súa intervención no acto de inauguración de “Artesanamente”, a alcaldesa enmarcou o impulso deste mercado desde o Concello “na aposta por un novo modelo máis sustentable, que conecte os mundos rural e urbano, que mostre que se pode vivir máis lento, e que é posible un turismo diferente que afonde na nosa identidade”. Para Goretti Sanmartín, “esta é a maior transformación social que debemos impulsar, unha transformación que tamén tén que ver coa igualdade porque moitas das marcas presentes no mercado son iniciativas de traballo feminino”.