O Concello apoia o emprendemento sostible co programa municipal “Faino en Santiago”
O programa “Faino en Santiago” desenvólvese da man da cooperativa de proxectos para o desenvolvemento sostible Falar a Mare, e estrutúrase en tres liñas de traballo fundamentais. Por unha banda, celebraránse xornadas presenciais no Edificio CERSIA Empresa, “que serán un espazo de encontro, formación e inspiración para as persoas que queiran emprender, e que poderán coñecer outras experiencias como punto de partida para os seus propios proxectos”. Estas sesións serán os días 9, 10 e 11 de xullo.