• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comeza o curso na Academia Maker e na Rede TIC 2

Despois da gran acollida que tivo a presentación de ambos proxectos durante o mes de xullo, en setembro botan a andar en oito centros socioculturais da cidade a Academia Maker e a Rede TIC 2. Pero antes de comezar, voltará o laboratorio de fabricación dixital móbil ás rúas de Compostela para explicar de primeira man os dous proxectos e pechar as inscricións. Será a semana que vén, do 4 ao 8 de setembro.

PROGRAMA DE ACELERACIÓN PARA EMPRENDEDORES NA ESPAÑA RURAL

Yoigo e UnLimited Spain lanzan Que vivan os pobos!, un novo programa de aceleración para startups de impacto social que queren cambiar o futuro dos pobos.

Os proxectos seleccionados recibirán, durante 5 meses, acompañamento personalizado, o cal consta de: diagnóstico de necesidades, asesoramento individual, mentorías, formacións e acceso a rede de investidores.

Innovación Aberta e Cocreación:constrúe solucións a retos empresariais

CONTIDO DAS XORNADAS:

Xornada 1 (28 Xuño): Innovación aberta e cocreación: presentación de retos e ideación. • DESCRICIÓN: Nesta xornada preséntanse os retos específicos cos que se traballará e as fases de exploración e ideación de solucións para eles. Utilízanse diversas ferramentas de Design Thinking, ao través das cales os grupos de traballo poderán desenvolver os procesos de ideación. O obxectivo desta xornada é transformar os retos identificados en solucións viables

• CONTIDO/AXENDA DA XORNADA:

A Xunta de Goberno Local dá luz verde á licitación do programa "Colabora e innova no teu barrio"

"Colabora e innova no teu barrio" contempla o desenvolvemento de dous espazos e procesos interxeneracionais de achegamento da cultura maker (cultura de facer, buscar, deseñar, pensar e crear solucións doadas ou non profesionais para levar a cabo proxectos tecnoloxicamente complexos) aos titulares e persoal das industrias e negocios tradicionais dos barrios de Santiago de Compostela; a transmisión interxeneracional de coñecementos TIC (Tecnoloxías da Información e das Comunicacións) da poboación mais nova á poboación maior, de xeito que se que favoreza a redución da fenda tecnolóxica; así co

O Concello de Santiago promove un proxecto colaborativo de innovación social para loitar contra a vulnerabilidade na cidade

A situación socioeconómica mundial viuse danada pola crise sanitaria, que afectou ao ámbito laboral, con particular forza no sector servizos. O último informe da fundación FOESSA e a Cruz Vermella mostran que a precariedade laboral se duplicou, alcanzando xa a case 2 millóns de fogares. Isto supuxo unha maior brecha económica, co aumento dun 25% da diferenza entre a poboación con máis e menos ingresos. Tamén afectou á brecha de xénero e á exclusión social dos mozos e inmigrantes.

Expertos ambientais marcan en Santiago os próximos desafíos das cidades para combater o cambio climático

A Facultade Medicina da USC acolleu os pasados 19 e 20 de maio as I Xornadas, de Innovación en Bosques Urbanos, nas que se marcaron os retos das cidades do futuro para o benestar dos seus cidadáns e a sustentabilidade das comunidades que conforman.

O Maker Faire Galicia 2022 presentará un programa híbrido na súa oitava edición, que terá lugar entre o 1 ao 5 de xuño

A Cidade de Cultura acollerá entre o 1 e o 5 de xuño este evento no que participarán arredor de 200 makers con máis de 60 proxectos, e terán lugar máis de 40 obradoiros, tanto en liña como en formato presencial. Esta edición achegará o que pode ser o mundo 5.0, que ten que ver sobre todo coa sustentabilidade do planeta e o benestar das persoas. Así, algunhas das temáticas deste ano serán o emprendemento consciente, a saúde mental, a economía social, as tecnoloxías accesibles ou a innovación social.

Santiago acolle as xornadas de Innovación en Bosques Urbanos

A nosa cidade está á vangarda no deseño das cidades e dos bosques urbanos do futuro, e con ese propósito o Concello de Santiago, a través do CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela), organiza estas xornadas sobre a Innovación en Bosques Urbanos, que pretenden ser unha reflexión sobre a planificación das cidades, con especial énfase nos bosques urbanos como elementos vertebradores e de saúde da infraestrutura verde urbana e periurbana.

Xornada de presentación da licitación para o desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras con UAVs do Polo Aeroespacial de Galicia

O vindeiro venres, 13 de maio, a partir das 10:00 horas, a Axencia Galega de Innovación celebra unha xornada técnica de presentación da nova licitación do Polo Aeroespacial de Galicia coa que a Xunta incorporará novas solucións con vehículos non tripulados para a mellora da prestación do servizos públicos.

O alcalde marca como obxectivos no debate do estado do municipio continuar traballando, a pesar da crise, pola igualdade, na diversificación do tecido económico e na aposta pola innovación e o emprendemento

Sánchez Bugallo comezou a súa intervención trasladando o pésame e a solidariedade dos membros da Corporación coas familias, amigos e compañeiros dos composteláns e compostelás falecidos a consecuencia da COVID 19, pandemia que obrigou o Concello a "dar resposta ás necesidades máis perentorias da sociedade, e fíxoo actuando en tres eixos fundamentais: apoio ás persoas en situación máis vulnerable; apoio decidido aos sectores económicos máis gravemente afectados; e mantemento dos servizos públicos en circunstancias moi diferentes ás que viñan sendo habituais".