• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello apoia o emprendemento sostible co programa municipal “Faino en Santiago”

O programa “Faino en Santiago” desenvólvese da man da cooperativa de proxectos para o desenvolvemento sostible Falar a Mare, e estrutúrase en tres liñas de traballo fundamentais. Por unha banda, celebraránse xornadas presenciais no Edificio CERSIA Empresa, “que serán un espazo de encontro, formación e inspiración para as persoas que queiran emprender, e que poderán coñecer outras experiencias como punto de partida para os seus propios proxectos”. Estas sesións serán os días 9, 10 e 11 de xullo.

O Concello pon en marcha un novo servizo de atención ao emprendemento e networking local

Ademais, e tamén nas instalacións do CERSIA Empresa, programarase un conxunto de encontros de networking para axudar a definir un novo modelo de emprendemento máis centrado na economía social, o consumo responsable, a sustentabilidade e a innovación. 

Serán dez sesións de noventa minutos dedicadas á economía, as industrias culturais, o turismo e a gastronomía sostible, a educación, o comercio e a industria, a innovación, os modelos circulares, os novos nichos de emprego, ao consumo responsable e a economía colaborativa.

Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de Economía Social e aos Premios á Excelencia Empresarial

A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago vén de publicar a segunda convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social e dos premios á excelencia empresarial. Ambas convocatorias introducen modificacións con respecto ás edicións anteriores, co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión, favorecer a novos sectores de actividade, ou priorizar as dimensións estratéxicas e obxectivos da Axenda Urbana 2030.

Santiago, única cidade galega entre as quince con menores taxas de paro, segundo os datos de indicadores urbanos difundidos polo INE

Para o cálculo deste indicador en concreto, utilízanse valores medios anuais a partir dun modelo que combina os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) e do paro rexistrado, segundo as cifras do SEPE, o Servizo Público de Emprego Estatal. En 2022, Santiago de Compostela rexistrou unha taxa de paro dun 9,1%. A lista non inclúe ningunha outra cidade galega. Encabezándoa, en primeiro lugar está o municipio de San Cugat del Vallès, na provincia de Barcelona, cun 5,2% de desemprego.