O Concello impulsa un plan de formación en seguridade alimentaria e facturación electrónica dirixido ao sector hostaleiro
O programa presentado hoxe centrarase en tres cuestións clave para o sector hostaleiro, nas que houbo modificacións lexislativas recentemente: a adaptación ao regulamento Verifactu, a mellora da calidade e seguridade alimentaria mediante a implantación do sistema de Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico (APCC); e a adaptación á Lei 1/2025 de prevención das perdas e desperdicio alimentario.